Ao longo destas semanas, @s alumn@s de 2º ciclo de Educación Primaria, estivemos traballando ao redor do Día Internacional das Mulleres e as nenas na Ciencia e na Investigación que se celebrou o 11 de febreiro.
Foron días moi
especiais onde puidemos observar a importancia da visualización do traballo e
éxito da muller neste eido. Para elo, contamos coa colaboración da Asociación
Española Contra o Cancro (AECC), unha entidade comprometida coa igualdade de
xénero e que promove a inserción de mulleres nos seus equipos de
investigación. Elas, facilitáronnos diversos materias e a través
do seu programa “Ciencia para todos/as”, puidemos traballar todos estes
aspectos.
Finalmente, cada
alumn@ decorou a súa bata con mensaxes de ánimos e forza para todas as nenas
que soñan con traballar neste campo e para todas aquelas mulleres que xa o fan
e elaboramos dous murais con todas elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario