lunes, 10 de febrero de 2025

4º de ESO Descubre a súa Pegada Ecolóxica Xunto a Técnicos do CEIDA

E seguindo coa C de COMPARTIR como lema de  Mans Unidas, os alumnos de 4ºESO participaron esta semana nun taller para pescudar a súa pegada ecolóxica e poder ser conscientes das accións individuais que cada un pode ter para compartir o planeta de maneira equitativa para TODOS. 

Lembrando a Encíclica do Papa Francisco, "Laudato Sí" escoitaron da man dos técnicos do CEIDA, centro de educación ambiental en Galicia, as causas e consecuencias que os científicos expertos nos informan sobre o cambio climático. Grazas a Laura e a Jorge e o resto do personal que todos os anos comparten o seu saber cos nosos alumnos e os axudan no seu crecemento como persoas e pensamento crítico.









No hay comentarios:

Publicar un comentario