sábado, 21 de mayo de 2022

Olimpiada 2º ESO/ Rebumbio matemático 6º EP/ Pangea

Boas novas!!  



O alumno de 2º ESO, Mateo Sánchez Rendo pasou á fase final galega da Olimpiada Matemática de 2º ESO que se celebrará en Lugo o vindeiro 26 de maio, en plenas festas da Ascensión…pode ser premonitorio…Oxalá! De quedar ben clasificado poderá acceder á fase final española.



O día seguinte, o 28 de maio, os alumnos Vega Rodríguez Beloso, Jóse González de la Ballina Peleteiro e Marina Mosquera Pérez tamén clasificados para a fase final galega do Rebumbio Matemático disfrutarán da proba final para acceder ao podio galego. Fóra de premios e de rivalidades o seu desexo é pasalo ben, traballar en equipo e disfrutar das tan queridas matemáticas. 



Por último, Os alumnos de 4º EP participaron na última semana de abril no concurso matemático Pangea. ( Online). Disfrutaron dunha nova experiencia e dunha maneira diferente de traballar as matemáticas. 

10 deles, Miguel, Paulo, Jesús, Pablo, Sophía, Carla, Olalla, Lola e Luís clasificáronse para a seguinte fase que farán nesta semana do 9 de maio.



A todos eles moita sorte e a seguir así!!! 🍀 🧮 📈



#ConCienciaCluny





No hay comentarios:

Publicar un comentario