martes, 10 de mayo de 2022

XACOMAT2022: O principio dun gran camiño

 “XACOMAT2022: O principio dun gran camiño” é un proxecto estadístico que Ruyi, Julia, Sofia, Fabio e Oscar , alumnos e alumnas de 1º ESO coa colaboración dos seus compañeiros e compañeiras da clase, presentaron ao XII Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos que a Sociedade Galega para a promoción da Estatística e a Investigación de Operacións ( SGAPEIO) organiza para estudantes da ESO, BACH e FP. Estiveron dúas xornadas recollendo datos para o estudo cruzándose con personas moi agradables; sentiron de cerca a emoción desa tan ansiada chegada  á Praza do Obradoiro e caeron na conta da magnitude do Camiño de Santiago. Puxeron toda a ilusión e o bo facer matemático e… agora agardan aos primeiros días do mes de xuño o resultado do seu traballo e esforzo!! Sorte 🍀e sexa o que sexa…a seguir así!!

#ConCienciaCluny

#CamiñoDeSantiago





No hay comentarios:

Publicar un comentario