lunes, 1 de marzo de 2021

Día Internacional das Mulleres e as nenas na Ciencia e na Investigación

Ao longo destas semanas, @s alumn@s de 2º ciclo de Educación Primaria,  estivemos traballando ao redor do Día Internacional das Mulleres e as nenas na Ciencia e na Investigación que se celebrou o 11 de febreiro.

Foron días moi especiais onde puidemos observar a importancia da visualización do traballo e éxito da muller neste eido. Para elo, contamos coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), unha entidade comprometida coa igualdade de xénero e que promove a inserción de mulleres nos seus equipos de investigación.  Elas,  facilitáronnos diversos materias e a través do seu programa “Ciencia para todos/as”, puidemos traballar todos estes aspectos.

Finalmente, cada alumn@ decorou a súa bata con mensaxes de ánimos e forza para todas as nenas que soñan con traballar neste campo e para todas aquelas mulleres que xa o fan e elaboramos dous murais con todas elas.



Máis información: O 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, foi a data elexida pola Asamblea General de las Naciones Unidas para recoñecer a importante labor que desempeñaron e desempeñan as mulleres no mundo da ciencia.
Enlace externo, se abre en ventana nuevapara reconocer la importante labor que desempeñaron y desempeñan las mujeres en el mundo de la ciencia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario