Por segundo ano consecutivo dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía en 3º e 4º da ESO participamos no programa de transición ecolóxica organizado polo CEIDA, como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia. Os educadores ambientais viñeron as nosas aulas para explicarnos con mais afondamento temas relacionados co medio ambiente para darnos pistas para cambiar os nosos hábitos, e así axudarnos a coidar a Casa Común.
Para isto, cos alumnos de 3ºESO
descubrimos para que nos serven os espazos
protexidos en Galicia, desfrutamos coñecendo a nosa riqueza e
biodiversidade e afondamos na relación
de equilibrio humano-natureza que ten lugar na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Nesta semana, os alumnos de 4º
ESO afondarán no significado de Emerxencia Climática coincidindo en datas coa Conferencia de Nacións Unidas sobre o
Cambio Climático, COP26, e faremos o
cálculo da nosa pegada ecolóxica
onde sacaremos as propias conclusión individuais para poñer o noso grao de área
a rebaixar esta pegada.
Agora so nos queda ir a desfrutar destos espazos cheos de vida e bienestar para desconectar das nosa rutinas e ir cambiando os nosos hábitos cara una vida ecolóxica integral!
En Cluny valórase a biodiversidade e lóitase por mantela e desfrutar dela!
No hay comentarios:
Publicar un comentario