jueves, 17 de marzo de 2022

Eleccións en 3º de Primaria

Os alumnos e as alumnas de 3º de Primaria, dentro da materia de Ciencias Sociais, aprenderon de primeira man como funciona o noso sistema electoral e a organización do Concello.

En primeiro lugar, crearon as súas propostas e carteis electorais e, tras una xornada de reflexión, chegou o gran día. Puideron exercer o seu dereito ao voto e saíron escollidos unha alcaldesa e os seus concelleiros para cada aula.

Por se fora pouco, como bos cidadáns, tamén tiveron que aprender as normas de educación viaria, e, tras pasar o corresponde test, obtiveron a tan ansiada licenza de condución.

Unha maneira divertida de aprender as normas da nosa cidade.






No hay comentarios:

Publicar un comentario